InicioSociedadeTres mortos máis pola covid-19 na área de Vigo

Tres mortos máis pola covid-19 na área de Vigo

Once falecidos máis elevan a 2.238 as vítimas mortais da pandemia en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As autoridades sanitairas comunicaron a morte doutro once pacientes diagnosticados con covid-19, co que son xa 2.238 os falecidos pola pandemia en Galicia.

Das mortes comunicadas, ningunha produciuse este domingo. Dúas foron o 26 de febreiro e as nove restantes, o sábado 27. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas e ningunha estaba vinculada a residencias.

Así, as persoas falecidas o venres 26 foron un home de 58 anos que se atopaba hospitalizado no CHUVI e outro home de 94 anos de idade que estaba ingresado no CHUO.

Á xornada do sábado corresponden os nove óbitos restantes. Catro deles producíronse no CHUAC (dous homes de 59 e 74 anos e dúas mulleres de 85 e 81) e dous no CHUVI (dúas mulleres de 94 e 82 anos, respectivamente).

Ademais, unha muller de 81 anos morreu mentres se atopaba ingresada no Hospital Santa Teresa de Ourense, un home de 79 anos faleceu no CHUO e outro home de 89 anos perdeu a vida no CHUS.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...