InicioSociedadeO IES de Chapela ao carón da AP-9: "temos que usar micrófonos...

O IES de Chapela ao carón da AP-9: “temos que usar micrófonos para que os alumnos nos oian”

A dirección do IES Chapela carga contra o silencio da Xunta de Galicia ante a súa problemática: "nin nos chaman de volta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O IES Chapela de Redondela ostenta a dubidosa honra de ser o centro educativo con maior exposición a ruídos de toda a Comunidade galega. Este instituto da provincia de Pontevedra comparte inmediacións con varias das vías máis concorridas da contorna, entre elas a AP-9, cuxo paso constante de vehículos leva décadas dificultade a docencia nas súas aulas.

O problema da contaminación acústica do IES Chapela vén de atrás, pero, segundo destaca Miguel Pérez, o seu director, estase a agudizar con motivo da situación pandémica. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia recomendou aos centros da comunidade manter a abertas as xanelas das aulas todo o tempo posible para reducir a concentración de CO2 e así minimizar o risco de contaxio de covid. O problema é que esta medida complica aínda máis os problemas acústicos do centro, en particular da cara que dá directamente á autopista.

“Hai moitísimo ruído, é insoportable”, relata Miguel Pérez; que, á parte de levar a dirección do colexio é profesor de Música; unha docencia na que se deixan entrever con claridade as problemáticas desta proximidade ás estradas. Segundo explica, a ampliación da AP-9 acometida en 2016 sumou dificultades á posición do IES Chapela, deixando a apenas “15 ou 20 metros” as vías de comunicación, que producen un zunido constante e molesto. “Pasa un coche cada segundo, cuantifica Pérez citando un informe de Audasa, concesionaria do trazado en cuestión.

Este fluxo de vehículos provoca un nivel de decibelios que, de acordo co director do centro, supera amplamente os límites da Xunta de Galicia: “aquí incúmprense todo tipo de normativas”, explica. O centro, que leva construído máis de 3 décadas, xa demandou tanto á administración autonómica como á concesionaria solucións á problemática, sen que polo momento obtiveran resultado algún.

SILENCIO DA XUNTA

“Audasa comprometeuse anos atrás a poñer unhas pantallas acústicas, pero aínda non se sabe nada”, concreta Pérez, á cabeza dun centro que, polo seu volume de alumnos –roza o millar– non se pode permitir unha redistribución das aulas. A solución temporal ante esta problema pasou por traer equipos de son e que os profesores comezaran a dar a aula valéndose dun micrófono; un remendo que non consegue atallar os problemas de concentración testemuñados por diversos alumnos.

Dende o IES móstranse críticos coa Consellería de Edudación por manterse –din– en silencio ante esta problemática. Segundo explica o director, tras tentar poñerse en contacto por diversas vías co ente dependente da Xunta seguen sen recibir “unha soa chamada” dos responsables de Educación. “Aquí incúmprense todo tipo de normativas, pero tanto lles ten. Quérennos ter dando clase como sexa”, censura Pérez.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...