InicioSociedadeDetectan un brote de covid con 10 usuarios e unha traballadora positivos...

Detectan un brote de covid con 10 usuarios e unha traballadora positivos nun albergue municipal de Vigo

AS demais persoas que fan uso do albergue de Marqués de Valterra poderán reacollerse no albergue fundación da Santa Cruz, en Teis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dez usuarios e unha traballadora do albergue municipal de Marqués de Valterra, en Vigo, deron positivo nas probas de covid-19, polo que o centro quedará “pechado en confinamento durante 14 días”.

Segundo informou o Goberno vigués, este brote foi detectado “nas últimas horas”, a partir das probas PCR aleatorias que se realizan “de forma sistemática” ás persoas usuarias e traballadoras do centro.

Seguindo “o rigoroso protocolo para estes casos”, as persoas usuarias que deron positivo foron trasladadas, en coordinación co Sergas, a un centro habilitado a este fin. Pola súa banda, os demais membros do persoal quedaron confinados nos seus domicilios.

Ademais de pecharse o centro, acordouse a suspensión provisional dos servizos externos do albergue –hixiene, talleres, lavandaría e sala de lecer– ata que finalice o período de confinamento decretado polas autoridades sanitarias.

Fontes municipais indicaron a Europa Press que as demais persoas que fan uso do albergue de Marqués de Valterra –dispón dun total de 38 prazas– poderán reacollerse no albergue fundación da Santa Cruz, en Teis, se dispoñen de PCR negativa. Cando este servizo estea cheo ou se non dispoñen de PCR negativa, os usuarios poderán recorrer ao programa municipal de aloxamento en hostais e hoteis, segundo comunicaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...