InicioSociedadeMorren dúas mulleres no Chuvi por covid

Morren dúas mulleres no Chuvi por covid

O número total de falecidos en Galicia baixa a 14.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou este luns doutros 14 falecementos relacionados coa covid-19 en Galicia producidos nos últimos días, concretamente, os días 14, 15 e 16 de febreiro.  Deste xeito, a cifra total de falecidos por mor da pandemia elévase a 2.138.

Dos falecidos comunicados este martes dousson da área de Vigo. Trátase de dúas mulleres de 63 e 91 anos que morreron este 16 de febreiro no Chuvi.

Este é o balance comunicado polo Sergas:

Día 14 de febreiro:
Home de 85 anos, no Hula.

Día 15 de febreiro:
Muller de 95 anos, no Chuf. Procedía da Residencia Mi Casa de Ferrol.
Muller de 77 anos, no Chuf.
Home de 85 anos, na Residencia Mi Casa de Ferrol.
Home de 89 anos, no Chuac.
Home de 92 anos, no Chus.
Home de 95 anos, no Chuo.
Muller de 68 anos, no Chop.

Día 16 de febreiro:
Home de 91 anos, no Chuf.
Muller de 63 anos, no Chuvi.
Muller de 91 anos, no Chuvi.
Home de 84 anos, no Chuac.
Home de 85 anos, no Hospital de Valdeorras. Procedía da Residencia de Maiores de Larouco.
Muller de 95 anos, no Chuac.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...