InicioSociedadeAs anpas viguesas lánzanse á defensa do galego no Día mundial da...

As anpas viguesas lánzanse á defensa do galego no Día mundial da Lingua Materna

As anpas lazan unha campaña aberta á cidadanía para promover o orgullo galegofalante con vídeos de poucos segundos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cada 21 de febreiro ten lugar unha celebración que toca de preto aos falantes de galego: o día mundial da lingua materna. Para non deixar que esta data pase sen pena nin gloria, a comisión lingüísta da Federación olívica de anpas (FOANPAS) están a lanzar unha campaña aberta á cidadanía cun único obxectivo: a promoción da lingua galega.

“Queremos pedirvos colaboración para a celebración dese día”, explican dende a plataforma, que propoñen lanzar un movemento baseano nun “breve vídeo duns segundos cunha frase dita por vós, pola vosa crianza, polo voso grupo de crianzas, por todo o voso núcleo familiar, como vós queirades, unha frase simple sobre o que vos fai pensar o Día da Lingua Materna, unha frase motivadora para usar a nosa lingua propia: o galego”.

Esta frase “linda e motivadora de por que falamos galego” podería enviarse a tic@foanpas.com para que sexa publicado nas redes da federación o día 21 de febreiro. Dende a plataforma subliñan a importancia de que o vídeo en cuestión sexa gravado en horizontal e que “non teña ruído de fondo. “Entre todas faremos que a nosa lingua sexa extensa e útil”, engaden.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...