InicioSociedadeGran baixada de casos covid na área de Vigo, aínda que aumentan...

Gran baixada de casos covid na área de Vigo, aínda que aumentan as hospitalizacións

Os casos totais activos baixan xa da barreira dos 3.000.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados con Covid-19 en Galicia aumentaron en 43, tras subir en seis os que se atopan en UCI e en 37 os que permanecen noutras unidades nunha xornada na que os contaxios diarios caen a 525 –cifra á que non se descendía desde principios de xaneiro, xa que o Día de Reis foron notificados 590 positivos e non se baixou dese data ata agora–.

Así se reflicte nos datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, nos que se constata que hai 254 pacientes con Covid-19 en UCI, seis máis, e 1.063 noutras unidades, 37 máis. Por áreas sanitarias, a de Vigo descende un paciente en críticos (29) pero aumentan a 145 os doutras unidades –nove máis–.

CASOS E POSITIVIDADE

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– caeu a un 4% tras superar o 7% a xornada anterior, polo que por primeira vez desde o 24 de decembro Galicia baixa do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Así, o novo de novos positivos en Vigo caeu a 74 na de Vigo polo que o número de casos activos baixa de 3.000 e é xa de 2.932.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...