InicioSociedadeA Xunta informa de tres novos falecidos na área de Vigo

A Xunta informa de tres novos falecidos na área de Vigo

En Galicia o número de vítimas aproximase xa aos 2.000.

PUBLICADO O

O Sergas anunciou este domingo o falecemento de 17 novas persoas pola covid, deles, tres da área sanitaria de Vigo. Unha cifra que suma 212 mortes nunha semana, a peor cifra desde o inicio da pandemia e que deixa, polo momento, 1.967 falecidos.

De feito, esta mesma semana Galicia superou o récord de mortos nesta crise sanitaria ao chegar aos 40. Unha cifra elevadísima que se mantivo varias días por riba das 30 vítimas. Este domingo, e como acontece nas últimas semanas, a Xunta comunicou que os falecidos tiveron lugar en distintos días, desde o 4 de febreiro ata o 7.

E, como nos últimos días, a provincia da Coruña, e especialmente, a área sanitaria da cidade herculina segue sendo a máis afectada, seguida de Santiago e Vigo. Na Coruña faleceron cinco persoas; en Santiago, catro e en Vigo, tres. Na área sanitaria de Ourense foron dous os mortos, igual que na de Lugo e un na de Ferrol. Todos tiña patoloxías previas e cinco deles eran usuarios de residencias.

Esta é a lista do Sergas:

Día 4 de febrero:
Muller de 89 anos, no Chus. Procedía da Residencia San José de Arzúa.

Dia 5 de febreiro:
Home de 98 anos, no Chuvi.

Dia 6 de febreiro:
Home de 74 anos, no Chuf.
Muller de 97 anos, no Chuvi.
Home de 92 anos, na Residencia Domus VI Carballo.
Muller de 89 anos, na Residencia Domus VI Carballo.
Home de 88 anos, no Chuac.
Muller de 99 anos, no Hospital Modelo da Coruña.
Home de 89 anos, no Chuo. Procedía da Residencia Quercus de Leiro.
Home de 67 anos, no Hospital de Verín.
Home de 90 anos, no Chuvi.
Home de 72 anos, no Chus.
Home de 89 anos, no Hula.

Día 7 de febreiro:
Home de 82 anos, no Chuac.
Home de 75 anos, no Chus.
Home de 79 anos, no Chus.
Home de 87 anos, no Hula. Procedía da Residencia de Sarria.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...