InicioSociedadeEspaña e Portutal están en "contacto directo" para unha posible colaboración pola...

España e Portutal están en “contacto directo” para unha posible colaboración pola covid

Alemania xa enviou un equipo militar de axuda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra de Sanidade española, Carolina Darias, asegurou que está “en contacto directo” coas autoridades portuguesas para avaliar as posibles liñas de colaboración ante o repunte sen precedentes dos casos de coronavirus en Portugal. Darias “está en contacto directo coa súa homóloga de Portugal”, Marta Temido, para “intercambiar información” e “avaliar as liñas de colaboración oportunas”, explicaron fontes do Goberno español ao diario portugués ‘Público’.

Segundo estas fontes, os contactos “sobre a situación epidemiolóxica dos dous países” intensificouse e “o Ministerio de Asuntos Exteriores de España está totalmente ao tanto de todo o que se di respecto da evolución da COVID-19 en ambos os países”.

A Xunta ofreceuse a acoller a enfermos de coronavirus portugueses e tamén o Goberno español manifestou a súa disposición a axudar a Portugal nos últimos días. No entanto, segundo trasladou na tarde do sábado a Consellería de Sanidade da Administración galega, as autoridades portuguesas agradeceron o ofrecemento, pero, polo momento, descarta trasladar pacientes a Galicia.

Outros países como Luxemburgo, Austria ou Alemaña tamén ofreceron recursos a Portugal. Precisamente este domingo informouse de que o equipo médico militar alemán enviado a Portugal comezará a tratar aos primeiros pacientes este mesmo luns, informa a axencia de noticias portuguesa Lusa, que cita ao portavoz da misión.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...