InicioSociedadeA Xunta di que se ofreceu participar en cribados a 80.000 persoas...

A Xunta di que se ofreceu participar en cribados a 80.000 persoas na área de Vigo

O presidente da Xunta lembrou que este próximo fin de semana citouse a 50.000 persoas de 18 municipios de Galicia para a realización de probas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta confirmou que, desde que comezou o ano 2021, ofreceuse participar nos cribados a 330.000 persoas, 80.000 da área de Vigo, e subliñou que Galicia é unha das comunidades autónomas nas que se realizan máis cribados. Así mesmo, insistiu en que a comunidade galega é, na España peninsular, a que ten un menor índice de mortalidade por COVID.

Tras realizar unha visita ao dispositivo de cribado COVID instalado no Instituto Feiral de Vigo, o titular do Executivo galego lembrou que este próximo fin de semana citouse a 50.000 persoas de 18 municipios de Galicia para a realización de probas e animou aos convocados a acudir para ter “un diagnóstico certeiro”, “velar pola súa saúde, protexer ás súas familias e á sociedade”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...