InicioSociedadeOs casos activos en centros escolares rondan os 700 na área de...

Os casos activos en centros escolares rondan os 700 na área de Vigo

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, insiste que a curva se está "dobregando" nos centros de ensino.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo continúa como segunda con maior incidencia por COVID en centros escolares. Anótase unha baixada de 38 contaxiados e queda en 689 activos. As aulas clausuradas son 44, tres menos. O CEP Altamira de Salceda de Caselas (23), o CPI da Cañiza (19) e CPR Os Salgueiros de Mos (18) están á cabeza en cifras de contaxiados. A escola infantil Cáritas-Tui segue clausurada.

En total, os centros educativos galegos rexistran 3.711 casos activos este venres, o que supón 141 menos que o xoves, segundo os datos feitos públicos pola Xunta. Deste xeito, prodúcese un descenso por terceiro día consecutivo, despois dun incremento prolongado durante a terceira onda.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...