InicioSociedadeSoben os pacientes UCI na área de Vigo, pero baixan os casos...

Soben os pacientes UCI na área de Vigo, pero baixan os casos acumulados da covid

A presión nas UCI sobe no conxunto de Galicia pero baixan os casos acumulados.

PUBLICADO O

Os hospitalizados con Covid-19 en Galicia seguen en descenso, con 28 menos, a pesar de subir en catro os que permanecen en UCI ata os 251. Ademais, os casos activos continúan reducíndose e sitúanse en 21.686, o que supón 713 menos. Así se desprende dos datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, recollidos por Europa Press, nos que se constata que aínda que os pacientes con coronavirus ingresados en UCI soben de 247 a 251, os hospitalizados noutras unidades baixan de 1.070 a 1.038, o que supón 32 menos.

As áreas de Vigo, A Coruña e Ferrol rexistran un maior alivio da presión asistencial. No caso da viguesa, aínda que soben nun a 26 os pacientes con Covid en UCI, descenden en 17, a 136, os que se atopan noutras unidades.

CASOS ACTIVOS E CURADOS

Tamén os casos activos seguen a tendencia descendente e sitúanse este venres en 21.686 en Galicia, o que supón 713 menos. Esta xornada reducíronse en todas as áreas sanitarias galegas e a de Vigo baixa a  3.647.

CONTAXIOS E POSITIVIDADE

Os contaxios diarios –detectados con diferentes tipos de probas– descenden en máis dun centenar ata os 1.025, deles 874 confirmados por PCR nas últimas 24 horas –fronte aos 1.091 da xornada anterior–. Ata a data en Galicia leváronse a cabo 1.472.623 PCR, 11.672 máis con respecto á xornada anterior. Deste xeito, os contaxiados aumentan a 102.424, dos que 19.498 correspnden á area de Vigo.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por PCR realizadas– descendeu a un 8 por cento, tras subir a un 9% a xornada anterior, polo que continúa por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...