InicioSociedadeVigo ten o primeiro caso confirmado da cepa surafricana en Galicia

Vigo ten o primeiro caso confirmado da cepa surafricana en Galicia

A Xunta estuda outros 200 casos sospeitosos de ser dalgunha das variantes coñecidas; a británica, a surafricana ou a brasileira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade ten confirmados nestes momentos 14 casos de coronavirus de variante británica e un de cepa surafricana, aínda que estuda outros 200 sospeitosos.

Así o explicou este mércores a directora xeral de Atención Sanitaria, Carmen Durán, durante a rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico do martes, no que se constata que Galicia chegou a unha “situación de meseta” con “tendencia descendente“, polo que se espera que a evolución sexa positiva nos próximos días.

Sobre a vixilancia especial das distintas variantes do virus, Galicia confirmou 14 casos de cepa británica e un de surafricana –o primeiro de España, en Vigo–. Ademais, estuda outros 200 casos sospeitosos de ser dalgunha das variantes coñecidas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...