InicioSociedadeTres mortos na área de Vigo pola covid con 28 falecidos en...

Tres mortos na área de Vigo pola covid con 28 falecidos en Galicia

Duas persoas morreron no Chuvi e outra na residencia Paz y Bien de Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Outra vez o número de falecidos en Galicia é dos máis altos da pandemia. Desta volta, o Sergas comunicou 28, 12 menos que este luns, o récord da pandemia e, como en días anteriores, tamén faleceron nos últimos días, entre o 22 e o 2 de febreiro. En total, o número de decesos pola covid en Galicia é xa de 1.843 persoas.

Como en días anteriores, A Coruña segue sendo a provincia máis afectada, especialmente, as áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Santiago. En total son 15 os falecidos. Depois está a área de Ourense e Verín, con seis; a de Vigo, con tres mortos e finalmente, a de Lugo, con dous. Sete dos mortos procedían de residencias de anciáns.

En Vigo, os falecidos son un home de 100 anos que morreu na residencia Paz e Ben de Tui e unha muller e un home de 85 anos que morreronno Chuvi.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...