InicioSociedadeCase seiscentas persoas foron tratadas en cinco anos para buscar a eliminación...

Case seiscentas persoas foron tratadas en cinco anos para buscar a eliminación da hepatite C en usuarios de drogas en Vigo

É un programa deseñado desde a Unidade de Patoloxía Infecciosa do Hospital Álvaro Cunqueiro e conta coa colaboración da farmacéutica Gilead.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto ‘Microeliminación da hepatite C en usuarios de drogas na área sanitaria de Vigo desenvólvese na cidade desde 2015 e xa tratou a máis de 570 persoas, coa finalidade de facilitarlles o acceso ao diagnóstico e tratamentos para conseguir que lles sexa eliminada a hepatite C.

O proxecto consiste fundamentalmente en simplificar os dous pasos esenciais para conseguir a eliminación do VHC: o proceso de diagnóstico e o de tratamento. O circuíto asistencial clásico das persoas con esta infección sintetizouse coa implementación do diagnóstico nun só paso e a utilización de novas modalidades diagnósticas de determinación de anticorpos utilizando as probas serológicas rápidas en sangue capilar ou saliva, explica o doutor Luís Morano, da Unidade de Patoloxía Infecciosa do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Así mesmo, este médico agrega que o proxecto “vai máis aló” do proceso de diagnóstico, “facilitando aos pacientes con indicación de tratamento os fármacos antivirais nos propios Centros de Tratamentos de Adiccións (CTAs), utilizando a terapia directamente observada (TDO) que se realiza xunto coa administración das terapias sustitutivas de opiáceos que reciben a maioría destes pacientes”.

A compañía farmacéutica Gilead comezou a colaborar con este programa en 2019 e, desde entón, detectáronse 103 pacientes que no pasado foron diagnosticados, pero non tratados. Aproximadamente, a metade xa iniciaron o tratamento e en 2021 prevese diagnosticar 181 novos casos.

Nun comunicado deste laboratorio farmacéutico sinálase que aos diferentes centros de tratamento de adiccións de Vigo acoden actualmente unhas 2.200 persoas que reciben unha actividade puramente asistencial, con médicos, psicólogos, enfermeiros, traballadores sociais e auxiliares; así como actividades, tales como talleres con monitores e ximnasio.

Esta historia recóllese no documental, ‘O que deixou a marea’, dentro do proxecto “G-Stories, ideas cheas de vida”, que busca dar a coñecer historias de éxito que axudaron a liquidar retos sanitarios como o da hepatite C.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...