InicioSociedadeUn buque ou o hosital vigués poderían acoller pacientes covid de...

Un buque ou o hosital vigués poderían acoller pacientes covid de Portugal

O Goberno luso solicitou á UE o traslado de pacientes a outros países. España podería colaborar permitindo o traslado a hospitais, entre eles o de Vigo, ou enviando un buque medicalizado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria en Portugal é de tal calibre que o sistema sanitario do país veciño pode colapsar polo gran impacto que está tendo a terceira onda da covid. Por iso, iniciou xa os trámites para solicitar o traslado de enfermos a países da Unión Europea.

Esta petición de axuda tamén incluiría a Galicia, coa que manten fortes lazos y unha longa fronteira. De feito, e tal e como informa a CRTVG, pola proximidade podería dar cabida aos pacientes do Alto Miño. Dende a xerencia da área sanitaria de Vigo non descartan dar a axuda, pero apuntan que de momento o Goberno luso non lles trasladou esta petición.

Outra das posibilidades que se baralla é a de mobilizar un buque hospitalizado da Armada española para dar cabida a eses enfermos, unha posibilidade que adiantou o secretario xeral do Eixo Atlántico hai uns dias. Tamén Feijóo dixo que estaba aberto a axudar ao país veciño pero que tería que ser en coordinación co Goberno central. Por iso, non se descartan conversas nos vindeiros días para activar este protocolo canto antes e enviar un destes buques, ben ao porto de Vigo ou ao de Viana do Castelo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...