InicioSociedade"Moita xente queda fóra das prestacións sociais polos labirintos telemáticos que hai...

“Moita xente queda fóra das prestacións sociais polos labirintos telemáticos que hai que pasar”

A ODS de Coia denuncia un empobrecemento xeral como consecuencia da pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa a mobilización pola defensa dos dereitos sociais no marco da cidade de Vigo. A Oficina de Dereitos Sociais do barrio de Coia vén de lanzar un comunicado contra esa ‘nova normalidade’ na que sinalan, se “precarizan aínda máis as condicións de vida”. As críticas da Oficina recollen, neste aspecto, moitas das denuncian que veñen de encher a axenda temática nas semanas pasadas, en particular as relativas ás persoas “máis vulnerabilizadas”.

Entre estas nomean “os cortes e de luz e os desafiuzamentos”, que vencellan con dispositivos antiokupación; unha problemática moi de actualidade o pasado verán. En liñas paralelas, a Oficina denuncia que “para solicitar unha prestación social” se teña que pasar por un “labirinto” telemático, de xeito que queda “moita xente fóra”. “Está claro que a pandemia supuxo unha volta máis na espiral do empobrecemento para aquelas persoas que xa se atopaban no fío da navalla da exclusión”, subliñan ao fío.

Nunha dinámica semellante, a Oficina critica que este empobrecemento xeral denunciado coa pandemia está a coller como “colectivos máis afectados” as persoas inmigrantes; “e máis aínda as que se atopan en situación administrativa irregular xa perderon as súas fontes de ingreso coas medidas de confinamento”, explican. “Sen cartos, sen papeis e sen dereito a prestacións como a RISGA, as Axudas de Emerxencia Social e o Ingreso Mínimo Vital”.

REGULARIZACIÓN

Por estas razóns, a oficina esixe a “regularización permanente e incondicional a todas as persoas migrantes e refuxiadas residentes no Estado Español”, así como o “cese das políticas represivas nas fronteiras e a desarticulación do racismo estrutural que segue a violentar as vidas das persoas racializadas”. Lembran, neste aspecto, a campaña desenvolta no pasado mes de novembro baixo o título “Normalizar os dereitos”.

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...

Detido en Gondomar tras disparar cunha arma de aire comprimido contra unha muller e atrincheirarse na súa vivenda

A Garda Civil detivo a pasada semana a un home de 52 anos no...

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...