A cifra de mortos pola Covid segue aumentando de xeito alarmante día tras día. Este luns, 25 de xaneiro, a Xunta anunciou 27 persoas falecidas nun novo reconto no que recolle as mortes dos últimos catro días e que suman xa 1.649 desde o inicio da pandemia.
“Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns dos últimos días da semana pasada, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid-19”, apunta o Sergas nun comunicado. Dos case 30 falecidos, oito procedían de residencias de anciáns.
Esta lista é a seguinte:
Día 22:
Muller de 84 anos no CHUS
Muller de 82 anos no CHUS
Home de 84 anos no CHUS
Muller de 84 anos na residencia integrada CEGADI. Procedía da residencia DOMUSVI de Ribeira.
Día 23:
Muller de 89 anos na residencia DOMUSVI de Carballo
Muller de 90 anos na residencia integrada CEGADI. Procedía da residencia DOMUSVI de Ribeira.
Muller de 74 anos no CHUVI.
Muller de 58 anos no CHUVI.
Día 24:
Home de 84 anos no Hospital de Verín.
Home de 85 anos no CHUF.
Home de 68 anos no Hospital Quirón da Coruña.
Home de 89 anos no CHUVI
Muller de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira.
Muller de 88 anos no CHUO.
Home de 94 anos no CHUF
Muller de 76 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 87 anos no CHUF. Procedía da residencia Mi Casa de Ferrol.
Muller de 91 anos no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña.
Home de 84 anos no CHUO.
Home de 83 anos no CHUF.
Muller de 67 anos no CHUF
Home de 95 anos no Hospital da Mariña.
Home de 60 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Home de 91 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Día 25:
Home de 92 anos no Hospital de Monforte.
Muller de 78 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 83 anos no CHUAC.
Todos eles tiñan patoloxías previas.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.