InicioPolíticaA alcaldesa do Porriño, en corentena tras un positivo entre o seu...

A alcaldesa do Porriño, en corentena tras un positivo entre o seu persoal de confianza

Manterá parte da súa axenda a través do teletraballo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa do Porriño, a socialista Eva García de la Torre, atópase illada en corentena, despois de detectarse un caso positivo en COVID-19 entre o seu persoal de confianza, segundo confirmaron fontes do goberno municipal.

As mesmas fontes detallaron que ese caso positivo correspóndese cunha persoa de confianza da rexedora que, aínda que está asintomática, obrigou tanto á alcaldesa como a outros membros do seu equipo a illarse e gardar unha corentena de 10 días, tal e como establece o protocolo sanitario.

A ese respecto, García de la Torre cancelou a súa axenda para este luns e as reunións que tiña previstas, unha delas con Andrés Fernández, conselleiro delegado do Grupo Zendal (cuxa planta do Porriño está a fabricar vacúas contra o coronavirus), co que ía abordar a expansión da firma no municipio.

Ademais deste encontro, a rexedora anunciou tamén o adiamento da reunión prevista con Indalecio Cuevas, presidente da entidade urbanística de conservación do polígono industrial da Granxa. No entanto, precisaron fontes municipais, Eva García manterá parte da súa actividade a través do teletraballo.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...