InicioSociedadeA terceira onda da COVID entra de cheo en Vigo

A terceira onda da COVID entra de cheo en Vigo

Rexistra 173 novos casos e unha taxa de positividade que duplica amplamente o recomendado pola OMS.

PUBLICADO O

- Advertisement -

10.000, esta é a cifra de casos coronavirus en Galicia tras máis de 1.100 novos contaxios en 24 horas. Unhas cifras que sitúan ao país na terceira onda con cifras de récords e que non paran de crecer desde o Nadal. Precisamente, foron estas datas, con infinidade de xuntanzas familiares o que está motivando que os casos se disparen.

De feito, Galicia leva tres xornadas consecutivas batendo récords de contaxios e de subas de casos. Este xoves o Sergas rexistrou máis de 1.190 novos contaxios, dos cales 1.025 foron confirmados por PCR, a maior cifra dende que hai datos oficiais.

O crecemento de casos é máis aguilloado nas áreas sanitarias das dúas grandes cidades de Galicia, A Coruña e Vigo, que achegan case a metade. Así, a Coruña ten 2.469, con 209 casos e Vigo, 1.893, con 173.

PRESIÓN HOSPITALARIA

En comparativa coas cifras de hai 7 días, o número de ingresados nos hospitais galegos creceu un 25% no cómputo global e un 30% nas unidades de coidados intensivos. En Vigo hai 69 pacientes (+3), 22 en críticos (sen cambios).

PCR E POSITIVIDADE
A deste xoves supón unha nova xornada de marca en Galicia, que bate o pico de contaxios por terceira vez en seis días. Foron 1.025 os casos detectados nas 10.752 probas PCR practicadas nas últimas 24 horas (831 test máis que o día anterior).

Estas cifras sitúan de novo á Comunidade galega en valores similares aos de principios de abril en canto á taxa de positividad das probas PCR superando Vigo o 11% da taxa de positividade.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...