InicioSociedadeDetectados 43 casos positivos nos cribados de Tomiño e Oia

Detectados 43 casos positivos nos cribados de Tomiño e Oia

Nas últimas dúas semanas foron detectados 82 casos de COVID-19 en Tomiño e 32 en Oia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cribados realizados a case 3.000 veciños dos concellos de Tomiño e Oia, e a outras 3.285 persoas da Illa de Arousa, detectaron un total de 51 casos positivos de coronavirus, segundo confirmaron fontes do Servizo Galego de Saúde.

Así, ante a alta incidencia da pandemia nestes concellos, as autoridades sanitarias desenvolveron senllos cribados destinados a detectar posibles casos de persoas contaxiadas asintomáticas, co fin de frear a circulación do virus.

No concello de Tomiño foron citadas 2.197 persoas, das que acudiron 1.606, un 73,1 por cento e, en total, o número de casos positivos foi de 18. Nesta localidade, duns 13.500 habitantes, diagnosticáronse 82 casos de COVID-19 nas últimas dúas semanas.

No concello de Oia foron citadas 2.124 persoas, das que participaron no cribado 1.284 (un 60,45 por cento), cun resultado de 25 casos positivos por coronavirus. Segundo os datos publicados por Sanidade, nos últimos 14 días foron diagnosticados 32 casos de COVID, nunha poboación de pouco máis de 3.000 veciños.

ILLA DE AROUSA

Por outra banda, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés recolleu A pasada fin de semana un total de 3.285 mostras de veciños da Illa de Arousa (ao redor dun 90 por cento dos máis de 3.600 citados) maiores de 15 anos de idade.

Fontes sanitarias confirmaron que, tras a análise das mostras, detectáronse 8 positivos, sete deles no grupo de idade de 15 a 69 anos, e o oitavo no colectivo de maiores de 69 anos. No entanto, precisaron as mesmas fontes, quedan pendentes dúas mostras do grupo poboacional de máis idade, que seguen en estudo.

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

O acusado de abusar de dúas menores nega os feitos e as psicólogas ven crible o relato das nenas

Un home acusado de dous delitos continuados de abuso sexual sobre menores de 16...

Condena de 18 anos de prisión por abusar da filla menor dun amigo

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 18 anos e nove...