InicioSociedadeRemata o 2020 cun aumento de casos activos da covid na área...

Remata o 2020 cun aumento de casos activos da covid na área de Vigo

Hai 32 novos casos e 44 máis activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia arrincou o ano 2021 cun novo incremento de positivos de covid-19 detectados nun día, 441, así como cunha subida de case un centenar nos casos activos, que alcanzan os 5.777. En concreto, segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do 31 de nadal, Galicia detectou a través de probas PCR 441 positivos en covid-19, tres máis que a xornada anterior. Así mesmo, os casos activos, como estes últimos días, seguiron aumentando, ata os 5.777, o que supón 97 máis que hai 24 horas.

Pola contra, a diferenza do ocorrido nos datos recollidos o mércores, a cifra de hospitalizados diminuíu en seis pacientes, ata os 345, aínda que os enfermos en UCI mantéñense en 55. Na área sanitaria de Vigo hai 49 en hospitais, catro menos, e 9 deles en UCI, dous menos que hai un día.

POSITIVOS DIARIOS

Respecto da detección de casos, unha xornada máis, Galicia mantense por encima dos 400 diarios, concretamente 441, tres máis que o día anterior. O número de PCR realizadas situouse nas 6.937, 357 máis que a xornada anterior, o que eleva o total a 1.120.590, e a taxa de positividade cae lixeiramente ata o 6,8% das PCR realizadas.

Este xoves foi a área de Vigo a que rexistrou unha maior cifra de novos positivos, ata os 110, 32 máis que o día anterior.

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que manteñen a infección por covid-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 97, ata os 5.777. Durante o último día, as áreas co maior número de pacientes con enfermidade activa foron Santiago e O Barbanza, que acumula 1.346 (-23), e Vigo, que rexistra 1.181, 44 máis. Con todo, mentres a primeira está en descenso, a segunda crece.

ÚLTIMAS

Morre Ángel Cameselle, expresidente da xunta de persoal do Chuvi e exresponsable de Sanidade en CC.OO. Galicia

A Federación de Sanidade e Servizos Sociosanitarios de CC.OO. en Galicia confirmou nas últimas horas,...

OPINIÓN.- O Porto de Vigo: Motor do Crecemento e Desenvolvemento da Cidade

O porto de Vigo foi, sen dúbida, o principal responsable do crecemento e desenvolvemento...

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...