InicioSociedadeVigo volve rexistrar tres falecidos por Covid

Vigo volve rexistrar tres falecidos por Covid

Este mércores a Xunta notificou sete falecidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou este mércores o falecemento de sete persoas con coronavirus na comunidade, co que a cifra de vítimas mortais da pandemia ascende a 1393. Tres delas morreron en Vigo.

Segundo a información achegada polo departamento sanitario galego, na última xornada tamén faleceu unha muller de 94 anos e outra de 93 no Hospital de Vigo, a última delas procedente da residencia CRAPD-II. En Povisa, tamén na cidade olívica, morreu unha muller de 89 anos.

Por outra banda, tamén faleceu un home de 84 anos ingresado no Clínico de Santiago e unha muller de 76 anos que permanecía no seu domicilio, tamén na área sanitaria de Santiago, concretamente no municipio de Touro.

Finalmente, as dúas últimas vítimas mortais son un home de 76 anos ingresado no Hospital de Ferrol e outro home de 75 ingresado no Hospital de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...