InicioSociedadeVigo pasa de ser da primeira á terceira área con novos casos...

Vigo pasa de ser da primeira á terceira área con novos casos covid

Os casos activos baixan en 19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en Galicia subiron en 102 na última xornada ata alcanzar os 5.625, pero os hospitalizados reducíronse en 10 e suman 337. Os positivos detectados ascenderon a 441, 180 máis que o día anterior.

Segundo o balance de datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade este mércores, un total de 55 das persoas ingresadas en hospitais galegos atópanse en UCI, unha menos que a xornada anterior. Nos hospitais de Vigo permanecen 51 pacientes –cinco menos–, 11 deles en coidados intensivos –un menos–.

SUBIDA DOS POSITIVOS DIARIOS

Respecto da detección de casos, sumáronse 441 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento de 180 en relación á xornada anterior. Mentres, o número de PCR realizadas situouse en 6.448, o que supón unha subida de 2.567.

Ademais, Vigo contabiliza 73 novos casos confirmados por PCR –tres máis– e pasa de ser a área con máis positivos diarios a ser a terceira.

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que seguen diagnosticadas de COVID-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 102 ata os 5.625. Durante o último día, as áreas co maior número de pacientes con enfermidade activa foron Santiago e O Barbanza, que acumula 1.373 –37 máis–, e Vigo, que rexistra 1.173 –19 menos–.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...