InicioSociedadeAumentan os casos e os hospitalizados pola Covid na área de Vigo

Aumentan os casos e os hospitalizados pola Covid na área de Vigo

Hai 13 casos noves e dous novos hospitalizados, deles un máis na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas 64 casos de coronavirus máis que na xornada anterior, cun aumento da presión hospitalaria debido ao incremento do número de ingresados, 17 persoas máis. A taxa de positividade descende ata o 6,9%, aínda que segue sendo alta.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade este luns. Son agora 353 as persoas hospitalizadas con diagnóstico de covid-19 nas sete áreas sanitarias galegas, fronte ás 336 dos datos facilitados o domingo. Deles, 58 atópanse na UCI, o mesmo número que hai 24 horas. En Vigo aumenta o cómputo de hospitalizados pola pandemia ata os 63, dous máis que a xornada anterior. Deles, 12 están na UCI –un máis–.

BAIXAN OS POSITIVOS DIARIOS E AS PCR

En canto á detección de casos, Galicia sumou 277 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento respecto da xornada anterior, un total de 64. Tamén se incrementou o número de PCR, con 5.024 máis realizadas. A área de Vigo tivo 51 casos, 13 máis con respecto ao día anterior.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia volve presentar unha baixada, tamén en Vigo, que ten 1.177 contaxiados, 49 menos–.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...