InicioSociedadeBaixan os casos en Vigo pero tamén hai unha baixada moi importante...

Baixan os casos en Vigo pero tamén hai unha baixada moi importante de PCRs

No conxunto de Galicia realizáronse 6.000 PCR menos que hai dous días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas 160 casos de coronavirus menos que na xornada anterior aínda que se practicaron a metade de probas PCR respecto ao día previo e case 6.000 menos que hai dous días. Unha situación que se produce cando a taxa de positividade é das máis altas desde que se iniciou a pandemia en Galicia, do 8,4%, case o dobre do recomendado pola OMS.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade este domingo, no que se iniciou a campaña de vacinación contra a covid-19. Deste xeito, aumenta a presión hospitalaria con oito ingresados máis que na xornada anterior. Son agora 336 as persoas hospitalizadas con diagnóstico de covid-19 nas sete áreas sanitarias galegas. Deles, 58 atópanse na UCI, tres máis que hai 24 horas.

En Vigo descende o cómputo de hospitalizados pola pandemia ata os 61, tres menos que o sábado. Deles, 11 está na UCI –dous menos–.

BAIXAN OS POSITIVOS DIARIOS E AS PCR

En canto á detección de casos, Galicia sumou 213 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica unha importante caída de 160 con respecto ás 24 horas previas. Con todo, hai que ter en conta que as PCR realizadas foron 3.050, a metade do día anterior, polo que a baixada dos contaxios rexistrados sucedeuse en todas as áreas sanitarias.

Aínda así, a área sanitaria de Vigo notificou 38 novos contaxios, unha caída de 56 con respecto ao día anterior.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia volve presentar unha baixada por segundo día consecutivo. Así, Sanidade contabiliza 5.609 casos activos, 107 menos que o día anterior. En Vigo tamén descenden timidamente os pacientes ata o 1.226 –seis menos–.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...