InicioSociedadePequenos focos da covid en centros de Covelo e da Guarda

Pequenos focos da covid en centros de Covelo e da Guarda

En Galicia hai un cento de contaxiados en centros de maiores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social notificou este venres de Nadal o positivo por coronavirus de cinco anciáns en residencias que ata o momento non contabilizaban ningún caso. En concreto, contaxiáronse tres usuarios do centro San Bartolomeu de Xove (Lugo), un na residencia de Trabada (Lugo) e outro na de Covelo (Pontevedra).

Ademais, o brote rexistrado no xeriátrico Monte Tecla da Guarda aumenta a un total de seis positivos despois de sumarse outros dous anciáns cunha PCR positiva.

No entanto, o cómputo global de usuarios de residencias de Galicia con coronavirus descendeu a 100, unha decena menos que 24 horas atrás, debido a que tamén se deron 16 altas –13 na Soremay de Pontevedra, dúas na Pontevedra de Vilaboa e unha no CRAPD Vigo II– e faleceu un usuario do CRAPD Vigo II.

Despois destas variacións, a DomusVi Vimianzo mantense este venres como o centro que máis casos activos de covid-19 entre os seus usuarios contabiliza, cun total de 19. Seguen a esta A Saleta de San Cristovo de Cea, con 15 infectados, o CRAPD Vigo II, con outros 15, e o xeriátrico Pontevedra de Vilaboa, con 10. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...