InicioSociedadeGondomar, Cangas e Chapela, citados para o cribado de máis de 7.000...

Gondomar, Cangas e Chapela, citados para o cribado de máis de 7.000 veciños

A participación no cribado é voluntaria e as persoas chamadas teñen entre 18 e 60 anos de idade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo continuará nos próximos días realizando cribados para detectar casos asintomáticos de COVID e, segundo confirmaron fontes do Sergas, citará a 7.100 persoas de Gondomar, Cangas e a parroquia redondelana de Chapela.

Así, as persoas seleccionadas para facer o test do municipio de Gondomar, 2.500, serán citadas para acudir ao ‘Covid-auto’ do hospital Meixoeiro este xoves e este venres; mentres que a veciñanza da parroquia de Chapela, 1.600, será convocada para acudir ao mesmo punto o sábado.

No caso da poboación de Cangas, as probas convocáronse para 3.000 persoas, que deberán acudir ao Pavillón de Rodeira este domingo. Alí desprazarase un equipo de 9 profesionais para a toma de mostras nasofaríngeas.

Neste concello do Morrazo a selección de persoas citada fíxose entre colectivos con maior risco de contaxio pola súa actividade profesional ou social: comerciantes, taxistas, hostaleiros, usuarios de servizos de axuda no fogar e deportistas.

Sanidade lembrou que o obxectivo destes cribados é detectar o maior número posible de persoas contaxiadas asintomáticas xa que, ao non presentar clínica, desenvolven a súa vida habitual e son un risco para a saúde pública, por ser potenciais contagiadores.

Con carácter xeral, as persoas citadas teñen entre 18 e 60 anos de idade e a súa participación no cribado é voluntaria. Para someterse a estas probas non poden facerse ningunha PCR nas dúas semanas previas.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...