InicioSociedadeA concesionaria do Cunqueiro, que controla un fondo estranxeiro, recibirá 5,7 millóns...

A concesionaria do Cunqueiro, que controla un fondo estranxeiro, recibirá 5,7 millóns da Xunta

O TSXG obriga ao Sergas a pagarlle estes cartos por ter defraudado o IVE nas obras do hospital.

PUBLICADO O

A sección cuarta da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou un recurso de apelación interposto polo Sergas e ratificou a condena acordada por un xulgado de Santiago, que obriga á administración autonómica a pagar 5,7 millóns de euros, en concepto do IVE non abonado entre 2015 e 2017 á concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A Sociedade Concesionaria do Novo Hospital de Vigo, interpuxo un recurso contencioso contra o Sergas por entender que, neses exercicios, a administración non abonou o IVE que debía, aplicable ao canon anual que paga á empresa. Así, a administración sostiña que o tipo aplicable era do 10 % (o vixente no momento da licitación do contrato) e a concesionaría reclamaba o 21 %, despois de que unha inspección tributaria determinase que debía ser esa porcentaxe.

O TSXG deu a razón á sociedade, e apuntou que a administración autonómica, dado que a Axencia Tributaria non lle advertiu dese cambio, debería reclamar ante o Tribunal Económico Administrativo Rexional, algo que non fixo.

Ademais, o alto tribunal galego lembra que, aínda que o contrato non determinase o IVE e aplicouse o vixente nese momento, ese imposto aplicado a “actividades non sanitarias” réxese pola lexislación en vigor, polo que o tipo pode variar.

Por todo iso, desestimou o recurso e confirmou a sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, que xa deu a razón á concesionaria en primeira instancia.

BENEFICIOS

A concesionaria tivo 3,7 millóns de beneficio en 2018, 3,5 en 2017 e 1,3 en 2016. Ten un capital social de 32 milóns e está formada polo fondo francés Meridiam e súa xestora de investimentos Bestinve que posúen o 43% que lle mercaron a Acciona, Puentes y Calzadas (23,33%), Veolia Servicios Norte (16,67%) e Concessia Cartera y Gestión de Infraestructuras (16,67%).

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...

Interceptan un conductor que superaba por cinco puntos a taxa de alcol permitida

A Policía Local de Redondela interceptou o pasado domingo a un home, veciño de...