InicioSociedadeO enfermeiro escolar, unha figura necesaria?

O enfermeiro escolar, unha figura necesaria?

Desde SATSE defenden a importancia da implantación desta nova figura para implantar hábitos saudables, descargar de tarefas que non lles competen aos profesores, detectar enfermidades ou problemas emocionais ou actuar de forma inmediata despois dun accidente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato de Enfermería, SATSE, “suspende” aos gobernos autonómicos, posto que consideran neglixente que, unha vez finalizado o actual curso escolar, os centros educativos non conten cunha enfermeira “que atenda as necesidades sanitarias e de adquisición de hábitos de vida saudable dos seus alumnos”.

Finalizado o curso escolar 2017-18 en todo o Estado, o Sindicato de Enfermería analizou a situación existente nas diferentes comunidades autónomas “e volveu a constatar o escaso interese das administracións públicas autonómicas por implantar de xeito xeneralizado a figura da enfermeira escolar”.

“As supostas dificultades presupuestarias seguen sendo o argumento esgrimido para non contar cun enfermeiro en cada centro escolar co obxectivo de atender as necesidades sanitarias dos escolares, como poden ser a administración de tratamentos, o control da alimentación ou a asistencia en caso de enfermidade ou accidentes“, lamentan.

Sería necesario, defenden desde SATSE, “desenvolver un labor informativo de promoción e adquisición de hábitos saudables nos nenos e novos, así como actuacións de prevención e detección de problemas de saúde física, psicolóxica ou emocional: enfermidades, bullying, desordes alimentarios, acoso, adiccións…”.

Respecto diso, SATSE insiste en que “o custo de contar cun enfermeiro nun centro educativo é irrisorio en comparación co gasto total que se destina na atención e coidados de enfermidades que poden evitarse cunha educación sanitaria e hábitos de vida saudables”.

Enfermera / Neustockimages. Getty Images.

Polo tanto, reclaman que os diferentes gobernos autonómicos “volvan de vacacións coa clara intención de implantar de xeito progresivo e xeneralizado a figura da enfermeira escolar a partir do próximo curso 2018-2019”.

Son moitos 60 euros ao día para asegurar que todos os nenos e nenas dun centro escolar poidan ser atendidos por un profesional sanitario competente de xeito inmediato se xorde calquera incidente ou se algúns deles sofren problemas de saúde crónicos, como a diabetes, o asma, as alergias ou a epilepsia?”, apuntan desde a organización sindical.

Neste sentido, SATSE asevera que “contar cunha enfermeira nun centro educativo favorece a tranquilidade e seguridade dos pais, que saben que os seus fillos están en mans de profesionais sanitarios cualificados”.

De igual xeito, o profesional de Enfermería “pode desenvolver un papel fundamental como axente mediador entre os pais e o profesorado do centro escolar, para mellorar os hábitos de saúde de todos os seus estudantes, dándolles a coñecer a mellor forma para coidarse eles mesmos e coidar aos demais”.

Tamén entenden que a presenza dunha enfermeira ou enfermeiro no centro escolar evitaría que o profesorado teña que asumir responsabilidades para as que non ten competencias nin formación específica.

Debuxo dun rapaz do colexio Paraixal/Miguel Nuñez

A modo de exemplo, SATSE sinala que os enfermeiros poden xogar un labor moi importante nos centros educativos para reducir a elevada porcentaxe de nenos e novos españois con sobrepeso.

Segundo o último informe da OCDE, cerca do 40 por cento dos nenos e mozos entre 8 e 17 anos teñen sobrepeso en España, mentres que a media dos países da OCDE é un 24,6 por cento.

Para rematar, o Sindicato de Enfermería recorda que a adquisición de hábitos de vida
saudables en idades tempranas conlleva a redución de riscos de ter enfermidades futuras, co consiguiente beneficio para a saúde e o benestar das persoas e o aforro económico para o sistema sanitario.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...