InicioSociedadeCaballero presume das ramplas mecánicas da Gran Vía: "unha obra excepcional que...

Caballero presume das ramplas mecánicas da Gran Vía: “unha obra excepcional que pon a Vigo na modernidade”

A "obra excepcional" que sitúa á cidade "na modernidade" contou cun orzamento de máis de 5 millóns de euros e foi financiada con fondos europeos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este xoves o acto de inauguración da reforma da rúa Gran Vía e a posta en marcha das ramplas instaladas entre o cruzamento de María Berdiales e o de Venezuela, sendo o primeiro, xunto co seu equipo de goberno e o delegado de Zona Franca, David Regades, en estrear o novo bulevard, unha “obra excepcional” que sitúa á cidade “na modernidade”.

A reforma, cun orzamento de máis de 5 millóns de euros e financiada con fondos europeos, aínda non está completa, posto que restan por ‘humanizar’ algúns tramos, que están pendentes do informe favorable de Patrimonio da Xunta.

A obra inaugurada este xoves inclúe varios tramos de cintas mecánicas para salvar a pendente do 10 % nesa emblemática rúa do centro de Vigo, así como un túnel cuberto e formado por varios arcos xeométricos de cores.

Os elementos vexetais, os bancos, as esculturas, unha fonte, un xardín vertical ou unha pantalla de leds completan o conxunto dunha actuación que tamén xerou polémica e que non gustou a todo o mundo: concelleiros do PP e algún arquitecto chegaron a definir a reforma como “procreo”.

O acto de inauguración estivo amenizado pola música dun pianista que, entre outras pezas, interpretou o coñecido como ‘Himno da Alegría’, considerado o himno da Unión Europea. Tras a súa actuación, o rexedor interveu para subliñar a importancia da obra de Gran Vía, que “non só facilita a mobilidade”, senón que tamén “coida o medio ambiente”.

Así mesmo, aproveitou a súa intervención para lembrar que a actuación non chega ata a Praza de España (na zona máis alta) e ata Lepanto (na parte baixa) porque a Xunta decidiu de forma “discrecional” e “sen unha norma que o avale”, “paralizar” a obra.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...