InicioSociedadeOs novos casos na área de Vigo repuntan ata os 69 pero...

Os novos casos na área de Vigo repuntan ata os 69 pero descende a presión hospitalaria

A taxa de positividade repunta ata o 5,8%.

PUBLICADO O

Os positivos por coronavirus detectados en 24 horas en Vigo repuntan ata os 69, isto é, 35 máis que os notificados no día anterior. Segundo consta na web da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18,00 horas deste luns, as áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra-O Salnés son as máis afectadas os datos deste luns.

En canto aos casos activos –persoas que aínda están diagnosticadas da enfermidade–, todas as áreas sanitarias rexistraron caídas nos enfermos de covid-19. A de Vigo continúa como a que máis casos activos mantén pero xa baixou das 2.000 persoas contaxiadas.

A taxa de positividade, con todo, mantense por riba do limiar do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, xa que rexistra un total de 5,8% de PCR positivas.

No que se refire ás hospitalizacións, os pacientes descenderon a 84 — seis menos– dos que 67 se atopan en unidades convencionais –cinco menos– e 17 en UCI –un menos–.

GALICIA

No conxunto de Galicia, os positivos diarios detectados mantéñense estables en 239, tan só un máis con respecto aos 238 novos casos notificados unha xornada antes. Ambas as cifras son os valores máis baixos da pandemia en Galicia desde mediados de outubro. Así mesmo, a taxa de positividade repuntou unhas décimas con respecto á do luns e sitúase no 5,2%. Isto significa que Galicia volve estar lixeiramente por encima dese limiar que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Doutra banda, o número de pacientes hospitalizados con COVID-19 en Galicia descendeu no último día de 484 a 461 dos que 69 permanecen en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), unha cifra que tamén se reduciu. Segundo datos de Sanidade, hai 392 pacientes en unidades convencionais –14 menos– e 69 en UCI –nove menos–.

ÚLTIMAS

Multa de 98.500 euros á Comunidade de Montes de Cabral por danos no hábitat

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural multou con 98.500 euros á Comunidade de Montes...

Acepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo

Un home acusado de violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo...

URAX Space galardoada nos Premios Emprende XXI como a empresa start-up con maior potencial de Galicia

A 'start-up' (empresa emerxente) UARX Space foi recoñecida nos Premios Emprende XXI como a...

As Anpas de Vigo piden máis limpeza en colexios e o Concello acusa ao BNG de estar detrás das protestas

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo...