InicioSociedadeUn xulgado do mercantil autoriza a cesión da Fonte do Troncoso ao...

Un xulgado do mercantil autoriza a cesión da Fonte do Troncoso ao Concello de Mondariz Balneario

A Fonte de Troncoso está formado por dous volumes arquitectónicos, a propia fonte e as oficinas da antiga planta embotelladora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado número 5 do Mercantil de Madrid emitiu un auto polo que se autoriza a cesión do inmoble da Fonte de Troncoso ao Concello de Mondariz Balneario. O pronunciamento xudicial ten data do 20 de novembro deste ano e transcendeu a través do Valedor do Pobo, que recibiu notificación este luns día 23.

De feito, o alto comisionado parlamentario recibiu unha queixa en relación a este inmoble, que estaba en ruínas e que forma parte do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e pertencía a unha empresa en concurso ordinario 261/2011, de Fontes Capital S.A., segundo recolle a propia información remitida pola valedora.

A Fonte de Troncoso está formado por dous volumes arquitectónicos, a propia fonte e as oficinas da antiga planta embotelladora. A cuberta deste último edificio derrubouse en marzo de 2019 polo estado no que se atopaba. Veciños da localidade realizaron accións reivindicativas sobre este inmoble proxectado por Antonio Palacios.

A Valedora do Pobo abriu unha investigación polo incumprimento do deber de conservación que o artigo 32 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, que se impón ao propietario, posuidor ou titular de dereitos reais sobre bens pertencentes ao patrimonio cultural de Galicia.

Segundo investigacións efectuadas polo concello, resultou que a propiedade do inmoble correspondía a Fontes Capital S.A., sociedade en liquidación, un procedemento que se segue no xulgado do Mercantil número 5.

De forma paralela, o Concello de Mondariz Balneario iniciou o 7 de marzo de 2019 un expediente en relación co estado de ruína en que se atopaba a Fonte de Troncoso. Ademais, a institución municipal informou o seu interese en facerse coa propiedade do inmoble para poder reparar os danos que presentaba o ben e devolverlle “o esplendor” que un día tivo esta obra arquitectónica.

Durante o proceso, o concello mantivo contacto co administrador concursal de Fontes Capital e en distintos correos electrónicos informouse o estado de deterioración do inmoble, así como trasladouse o malestar dos veciños.

Durante o proceso, o administrador concursal chegou a indicar que o inmoble non figuraba como activo da entidade e que tampouco existía saldo para acometer as reformas que se solicitaban.

Finalmente, tendo en conta as particularidades do caso e a “urxencia” de actuar para evitar un dano “irreparable” nun elemento cultural, e en aras da colaboración entre administracións, a valedora do Pobo dirixiuse ao órgano xudicial, que vén de confirmar á institución a decisión de autorizar a cesión da Fonte do Troncoso.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...