InicioSociedadeVigo volve ser novamente o epicentro da Covid en Galicia con case...

Vigo volve ser novamente o epicentro da Covid en Galicia con case 300 novos positivos nun día

A área viguesa notifica máis do 40% dos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os contaxios da covid-19 detectados por PCR en 24 horas ascenden a 667, cifra que supón un total de 166 casos máis que os notificados hai un día. O maior incremento prodúcese en Vigo, onde os positivos detectados dispáranse ata os 282.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste xoves na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do mércores que reflicten un novo incremento dos casos activos tras varios días de descensos. En concreto, soben en 47 e sitúanse en 9.098.

Máis do 40 por cento dos positivos por covid-19 detectados por PCR nas últimas 24 horas correspóndense coa área de Vigo, que notifica 282 casos, 174 máis que na xornada anterior. A segunda área que máis positivos comunica é a da Coruña, con 122 novos casos, os mesmos que os comunicados no martes.

Pola súa banda, a área de Santiago e Barbanza notifica 67 novos contagios, cifra que supera en sete á comunicada o martes. Tamén informa de 67 positivos a de Pontevedra, con todo, neste caso, implica unha baixada de 11 casos con respecto á pasada xornada.

Así mesmo, en Ourense, aumentan os confirmados nas últimas 24 horas ata os 44 –11 máis–; así como en Ferrol, que comunica 34 –13 máis— Pola súa banda, baixan en Lugo, onde se confirmaron 51 contaxios –18 menos–.

CASOS ACTIVOS E PRC

Con estes datos, os casos activos experimentan subidas tanto na Coruña como en Vigo. Así, a área viguesa é a que rexistra máis pacientes coa infección activa, con 2.422 –105 máis que lle martes–; mentres que a coruñesa centa con 1.888 –nove máis–.

Ademais, mantéñense en 749 os casos activos na área sanitaria de Ourense mentres baixan no resto. Así, en Pontevedra hai catro casos activos menos, con 1.250; en Lugo sitúanse en 1.072 –28 menos–; en Santiago rexístranse 993 –13 menos–; e, por último, en Ferrol hai 25 menos, ata os 724.

En canto ás probas realizadas, as PCR feitas ascenden a 826.926 desde o inicio da pandemia, o que implica 10.649 máis que o mércores. Deste xeito, a porcentaxe de infeccións por proba realizada sitúase no 6,2%.

ALTAS E VÍTIMAS

Pola súa banda, os contaxios desde o inicio da pandemia en Galicia sitúanse en 47.413 e os pacientes curados ascenden a 37.210, o que supón 624 máis que o martes.

Ademais, as vítimas mortais en Galicia con coronavirus ascenden a 1.107 despois de que na xornada do martes fosen comunicados 15 novos falecementos.

ÚLTIMAS

Deterioración grave en Eiras: Augas de Galicia tomará este xoves a decisión definitiva sobre a reparación da presa

Augas de Galicia adoptará este xoves a decisión definitiva sobre a actuación necesaria na...

Vigo acolle o debate da CRUE para esixir máis financiamento e menos burocracia na investigación universitaria

O Auditorio Mar de Vigo acolle estes días as XXXI Xornadas de Investigación das...

Buscan a unha muller de 55 anos desaparecida o pasado sábado en Vigo

Os servizos de emerxencia están a buscar a María L.S.X., unha muller de 55...

Unha persoa intoxicada por un incendio nunha cociña en Vigo

Unha persoa necesitou ser trasladada tras sufrir unha intoxicación por inhalación de fume en...