InicioSociedadeSanidade inclúe a Nigrán na alerta vermella e baixa Salvaterra á laranxa

Sanidade inclúe a Nigrán na alerta vermella e baixa Salvaterra á laranxa

Vigo segue en alerta máxima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A listaxe de municipios en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana baixa este mércores a 36, un menos que o martes, xornada respecto da cal se produce o ingreso no grupo de concellos en aviso máximo de Burela, Porto do Son e Nigrán e a saída de Vimianzo, Ordes, Tui e Salvaterra de Miño.

Así figura no mapa ‘semáforo’ que cada día actualiza na súa páxina web a Consellería de Sanide, no que as provincias da Coruña e Pontevedra acumulan o groso de localidades marcadas en vermello, pois só cinco dos 36 municipios sinalados nesta cor están en Lugo (4) e en Ourense (1).

Así as cousas, en Pontevedra baixan a 16 os municipios en aviso máximo pola incidencia do coronavirus: Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Tomiño, Nigrán, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

Na Coruña hai 15 concellos coloreados en vermello, un menos que o martes: Ferrol, Narón, Pontedeume, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, A Laracha, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Cabana, Boiro e Porto do Son.

Pola súa banda, co ingreso no grupo de concellos marcados en ‘vermello’ de Burela, a provincia de Lugo conta este mércores con 4: Lugo, Sarria, Burela e Vilalba. En Ourense non hai novidades neste apartado e segue Xinzo de Limia como o único municipio en alerta máxima da provincia.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Lugo –máis de 112– e Vigo –máis de 332–.

NIVEL LARANXA

No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai este mércores un total de 23 concellos galegos –un máis–. Na provincia ourensá sae Ribadavia e entra Barbadás, que se suma a Ourense. En Lugo, seguen Chantada, Guntín e Monforte –sen cambios–.

A provincia de Pontevedra, pola súa banda, engade tres novos municipios en laranxa, ata o nove, debido á baixada de Tui e Salvaterra desde o nivel vermello e á subida de Vilaboa desde o verde. Á parte destes, están Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis, A Guarda, Nigrán e O Grove.

Coas novidades do mércores, A Coruña mantén nove municipios no segundo chanzo de risco: A Coruña, Betanzos, Santiago, Ames, Santa Comba, Cerceda, Ponteceso, Fene e Rois.

ÚLTIMAS

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita...

A Policía desmantela unha rede de tráfico de drogas en Vigo con 74 quilos incautados

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en funcións de garda,...

Murais para todos os barrios de Vigo

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este venres a adxudicación do XI...

O BNG de Vigo esixe o mantemento das bonificacións de tren e bus urbano

O BNG de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que reclame ao Ministerio de...