InicioSociedadeVigo concentra un terzo dos novos contaxiados da Covid en Galicia

Vigo concentra un terzo dos novos contaxiados da Covid en Galicia

Volven subir tamén os casos en toda Galicia, que superan os 600

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia volveu a rexistrar unha repunta de contaxios de Covid-19 tras detectar 625, deles 611 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, mentres os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 9.532, o que supón 22 menos que este xoves.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade na súa páxina web con cifras ata as 18,00 horas deste xoves, nos que se indica que na área sanitaria de Vigo confirmáronse 218 casos con PCR nas últimas 24 horas; 111 na da Coruña e Cee; 95 na de Santiago e Barbanza; 65 na de Pontevedra e O Salnés; 46 na de Ferrol; 42 na de lugo e 34 na de Ourense.

En canto aos casos activos seguen en descenso no global da Comunidade galega tras reducirse en cinco das sete áreas sanitarias galegas e aumentar nas de Vigo de Pontevedra. En concreto, na de Vigo soben a 2.450 os casos activos –24 máis que este xoves–; e na de Pontevedra e O Salnés, a 1.270 –20 máis–. Pola súa banda, descenden nas da Coruña e Cee ata os 1.840 –15 menos–; a 1.130 na de Santiago e Barbanza –18 menos–; a 1.053 na de Lugo –11 menos–; a 915 na de Ferrol –16 menos– e a 874 na de Ourense –seis menos–.

Os pacientes con coronavirus que se curaron en Galicia aumentaron a 33.624 tras sumarse outros 640 con respecto a este xoves. E na Comunidade galega realizáronse 780.668 PCR, o que implica 8.324 máis que a xornada pasada, e 409.211 probas serológicas, 1.046 máis.

FALECIDOS

Ata a data contaxiáronse en Galicia con Covid 44.201 persoas e faleceron con coronavirus 1.046, tras notificar na tarde deste xoves Sanidade a morte de sete, todas elas con patoloxías previas e tres delas relacionadas con residencias. Esta cifra supón un descenso respecto dos 21 falecidos notificados o luns pola Consellería de Sanidade, así como en comparación co martes e mércores –con 15 mortes cada un dos dous días–.

HOSPITALIZACIÓNS

En concreto, na área de Vigo descenden a 93 as persoas ingresadas con Covid, catro menos, delas 23 en UCI –unha máis– e 70 noutras unidades –cinco menos–. Ata a data curáronse 5.223 pacientes e realizado 155.539 PCR.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...