InicioSociedadeSete mortos máis en Galicia con coronavirus, tres en Vigo

Sete mortos máis en Galicia con coronavirus, tres en Vigo

O total de mortes no territorio galego ascende a 1.046 desde o comezo da pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistra o falecemento de sete persoas con coronavirus nas últimas horas, de forma que o total de mortes ascende a 1.046 desde o comezo da pandemia.

Esta cifra supón un descenso respecto dos 21 falecidos notificados o luns pola Consellería de Sanidade, así como en comparación co martes e mércores –con 15 mortes cada un dos dous días–.

Deste sete persoas, tres estaban relacionadas con residencias: un home de 82 anos, falecido no Chuvi de Vigo –procedente da residencia de Ballesol–; unha muller de 77 anos, tamén no Chuvi –procedente da residencia de Salvaterra de Miño–; e unha muller de 87 anos, no hospital do Salnés –procedente da DomusVI de Ribadumia–.

A lista de falecidos este xoves complétase cun home de 80 anos, no Chuac da Coruña; un home de 82 anos, no Chuvi; unha muller de 88 anos, no CHUS de Santiago; e un home de 74 anos falecido no seu domicilio no Concello de Crecente.

Segundo informa a Consellería de Sanidade os sete falecidos con coronavirus contaban con patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...