InicioSociedadeTres novos mortos na área de Vigo pola Covid

Tres novos mortos na área de Vigo pola Covid

Este mércores houbo 15 novos falecidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou este mércores 15 falecidos máis con coronavirus en Galicia, de forma que o total de mortes ascende ata 1.039. Deles tres producironse na área sanitaria de Vigo.

Destas 15 persoas, media ducia están vinculadas a residencias: Unha muller de 90 anos, falecida na residencia Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume; un home de 86 anos, ingresado no compostelán Hospital HM A Rosaleda –procedente da residencia Santa Olalla de Boqueixón–; un home de 87 anos, ingresado no CHUS –procedente da residencia Santa Olalla de Boqueixón–; unha muller de 105 anos, ingresada no CHUS –procedente da residencia Santa Olalla de Boqueixón–; unha muller de 92 anos, ingresada no Chuvi –procedente da residencia de Salvaterra de Miño–; e unha muller de 99 anos, ingresada no CHUO –procedente da residencia A Saleta de San Cristobo de Cea–.

Ademais, hai dous homes de 78 e 88 anos, falecidos no Chuac da Coruña. Un home de 84 anos, ingresado no CHUF de Ferrol. Un home de 90 anos, falecido na súa vivenda en Ferrol. Unha muller de 96 anos, falecida no seu domicilio en Santiago.

A lista segue cun home de 91 anos, ingresado no Hospital Vithas Fátima de Vigo; un home de 69 anos, ingresado no Chuvi de Vigo; un home de 94 anos, falecido no seu domicilio en Boborás (Ourense); e unha muller de 88 anos, ingresada no CHUO.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...