InicioSociedadeImportante baixada de novos casos Covid na área de Vigo

Importante baixada de novos casos Covid na área de Vigo

Tamén Galicia rexistra unha baixada importante con case a metade de novos casos que hai unha semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus Covid-19 volveron a descender por segundo día consecutivo en Galicia tras rexistrarse máis altas –486– que contaxios –399–, deles 395 confirmados por PCR nas últimas 24 horas– e sitúanse en 10.015. Deste xeito, a cifras baixan considerablemente con respecto a hai unha semana, cando os casos chegaron a aproximarse aos 800, tamén na área de Vigo, onde chegou a haber case 200 novos casos.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, dos que se desprende que os positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas ascenden a 108 na área sanitaria da Coruña e Cee, seguida dos 65 na de Pontevedra; 60 na de Lugo; 57 na de Vigo; 51 na de Santiago; 29 na de Ourense e 25 na de Ferrol.

Os casos activos de Covid-19 descenden en todas as áreas sanitarias galegas, salvo nas da Coruña e Cee, onde aumentan ata os 1.887 –19 máis que este domingo–, e na de Pontevedra e O Salnés, que conta con 1.254 –22 máis–.

Por contra, baixan na de Vigo a 2.469 –34 menos–; a 1.209 na de Santiago e Barbanza –17 menos–; a 1.116 na de Lugo –11 menos–; a 1.035 na de Ourense –47 menos–; e a 1.045 na de Ferrol –26 menos–. Ata a data curáronse en Galicia 31.148 persoas, o que supón 486 máis que as contabilizadas este domingo. E realizáronse 752.416 PCR, 5.779 máis que as feitas ata a xornada anterior.

FALECIDOS

Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse con Covid-19 un total de 42.150 persoas e faleceron 988, delas as últimas sete vítimas foron notificadas por Sanidade na tarde deste domingo, tres delas vinculadas a residencias de maiores.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...