InicioSociedadeA Xunta intervén a residencia de Salvaterra de Miño, con 110 contaxiados

A Xunta intervén a residencia de Salvaterra de Miño, con 110 contaxiados

Hai 84 residentes e 26 profesionais con Covid-19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego anunciou a intervención da residencia xeriátrica Salvaterra, situada no concello de Salvaterra de Miño, que acumula un total de 110 contaxios: 84 residentes e 26 profesionais. De feito, o número de positivos nos residentes duplicouse nas últimas horas, posto que este luns notificáronse 43 casos activos.

Coa decisión de intervir o centro xeriátrico, paso que xa deu en ocasións anteriores, o Executivo autonómico subliña que se reforzará o persoal.

Unha vez avaliada a situación da residencia, as consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esta medida co obxectivo de “garantir a calidade asistencial” e a “correcta protección” da saúde tanto dos usuarios do centro como dos traballadores.

Un equipo de profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde está xa desprazado no centro e ocúpase de facer un seguimento médico permanente sobre a situación dos residentes, así como de vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta.

Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria “adecuada” na residencia.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...