InicioSociedadeVigo, xunto con Ourense, a área con maior incidencia da covid

Vigo, xunto con Ourense, a área con maior incidencia da covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistrou outros 233 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 61 na área sanitaria de Ourense, 54 na de Vigo; 44 na da Coruña e 37 na de Santiago de Compostela. Mentres, na área sanitaria de Lugo confirmáronse 16 positivos por PCR nas últimas 24 horas; outros 15 na de Pontevedra; e seis na de Ferrol.

Así consta na información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste xoves con datos recolleitos ata as 18,00 horas do mércores, na que se indica que os casos activos sitúanse en Galicia nos 4.569, o que supón 32 menos que a xornada anterior.

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentaron nas da Coruña a 770 –cinco máis–; Vigo, que teñen 534 –22 máis–; Santiago, 639 –11 máis–; e Ferrol rexistra 148 –un máis–. Mentres, descenden os casos activos nas áreas sanitarias de Ourense, que conta con 1.592 –13 menos–, Pontevedra contabiliza 419 –50 menos– e Lugo ten 467 –oito menos–.

CURADOS E FALECIDOS

En canto ás persoas curadas ata a data na Comunidade galega, ascenden a 22.550, o que supón 273 máis que as 22.277 contabilizadas ata este mércores.

Pola súa banda, faleceron con coronavirus en Galicia 803 persoas ata o momento, o últimas seis vítimas foron notificadas este mércores pola tarde, catro delas vinculadas con residencias de maiores.

En concreto, un home de 94 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) procedía da Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar e dous usuarios ingresados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña: unha muller de 53 anos que procedía do centro Padre Menni de Betanzos e dun home de 78 anos usuario da Ballesol de Oleiros.

Pola súa banda, na residencia de maiores de Val de Monterrei rexistrouse a morte dunha muller de 88 anos. A eles súmase a morte dunha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); e doutra señora de 79 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...