InicioSociedadeRescatan cinco persoas que se refuxiaron nunha batea tras afundirse a súa...

Rescatan cinco persoas que se refuxiaron nunha batea tras afundirse a súa embarcación en Moaña

Mobilizouse a aeronave Pesca 1 para o rescate e traslado ao porto de Domaio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os efectivos de emerxencias rescataron na tarde do sábado a cinco persoas que se refuxiaron nunha batea despois de que se afundise a embarcación na que navegaban nun lugar próximo a Domaio, en Moaña.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia este domingo, a central de emerxencias recibiu unha chamada ao fío da medianoite do domingo dun dos ocupantes da embarcación para pedir axuda.

No seu relato, sinalaba que se atopaba xunto con outras catro persoas nunha batea despois afundirse a dorna na que viaxaban.

A central do 112 pasou o aviso a Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia. Estes últimos mobilizaron a aeronave Pesca 1, que procedeu ao rescate e traslado ao porto de Domaio dos afectados, onde esperaba unha patrulla da Policía Local.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...