InicioSociedadeDetidos tres veciños de Vigo nun día por supostos delitos de violencia...

Detidos tres veciños de Vigo nun día por supostos delitos de violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a tres veciños da cidade, en tres intervencións por supostos delitos de violencia de xénero, todas elas entre a tarde e a noite deste mércores.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira actuación produciuse sobre as 17,30 horas, cando o 092 recibiu unha chamada desde un domicilio da rúa Pateira, dunha muller que denunciaba que o seu marido quería agredila.

O suposto agresor, J.M.P.C., de 56 anos de idade, que foi detido por estes feitos, atopábase noutra habitación e os axentes puideron comprobar que, efectivamente, atopábase baixo os efectos do alcol.

OUTRAS SUPOSTAS AGRESIÓNS

A Policía Local tamén interveu, sobre as 20,00 horas do mércores, noutro episodio de violencia de xénero que tivo lugar nun domicilio da rúa Eira.

Nesta ocasión, cando os axentes chegaron, o suposto agresor, A.V.N., de 52 anos, recoñeceu que tivera unha rifa coa súa parella porque ela estivera todo o día fora e non sabía onde se atopaba. O home referiu que a pelexa “marcharalle das mans” e propinoulle dúas labazadas.

A muller corroborou que a losqueou ao chegar a casa, e que a agarrou polos pelos para zarandeala; tras lograr zafarse, fuxiu e refuxiouse en casa dunha veciña, desde onde chamou ao 092. Así mesmo, apuntou que hai tempo que vén sufrindo agresións físicas e ameazas de morte, polo que os axentes arrestaron á súa parella.

Finalmente, a Policía Local tivo unha terceira intervención este mércores, pasadas as 23,00 horas, que acabou coa detención de J.L.G.O., de 37 anos de idade, por agredir supostamente á súa parella nunha vivenda de Camiño Sobreira.

Neste caso foi un veciño o que avisou ao 092 ao presenciar por unha xanela unha discusión e observar como un home agredía a unha muller, antes de baixar a persiana da habitación na que estaban.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...