InicioSociedadeFeijóo, de solicitar instrumentos para confinar aos galegos a rexeitar o confinamento...

Feijóo, de solicitar instrumentos para confinar aos galegos a rexeitar o confinamento de Madrid

Os populares politizan a pandemia e din que a proposta do Goberno central é "incompleta" e "sen avais técnicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado 31 de xullo, logo de estabilizar o brote na Mariña lucense con apenas 180 casos, o presidente da Xunta pedía ao goberno central coordinación coas comunidades e “instrumetos legais para poder confinar á poboación”.

“Necesitamos todavía mucho trabajo conjunto y necesitamos que el Gobierno siga formando parte de las soluciones ante los problemas que afectan a todos los ciudadanos españoles” pedía no seu turno de intervención Núñez Feijóo durante a Conferencia de Presidentes autonómicos celebrada na Rioja.

“Una cosa es que España sea una nación descentralizada, pero otra cosa es que sea una nación descoordinada”, aseguraba Feijóo, insistindo na necesidade de activar os “instrumentos jurídicos” necesarios que permitan ás comunidades proceder a confinamentos de poboación por razóns de saúde pública.

Pero este criterio defendido por Feijóo na Conferencia de Presidentes mudou esta semán ante a necesidade de tomar medidas máis contundentes para deter o brote en Madrid, unha communidade presidida polo Partido Popular.

Neste caso a Xunta, igual que o resto de comunidades autónomas gobernadas polo PP a excepción de Castela e León, trasladou o seu rexeitamento á proposta do Ministerio de Sanidade para restrinxir a mobilidade nos municipios de máis de 100.000 habitantes con máis de 500 casos de COVID-19, tras considerala “incompleta” e que carece dos “avais técnicos suficientes” para adaptala á situación epidemiolóxica da comunidade galega.

Así o trasladou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no seo do Consello Interterritorial de Saúde. En concreto, o titular autonómico criticou que a proposta unicamente contempla tres criterios de avaliación e “obvia moitos dos parámetros” recolleitos polo documento elaborado polo comité clínico de expertos galego.

Con todo, a proposta saíu adiante co apoio de todas as autonomías menos as gobernadas polo PP, Madrid, Galicia, Andalucía, Ceuta, Murcia, ademais de Cataluña. “Houbo unha ampla maioría polo que é unha decisión colexiada”, dixo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, para informar de que no caso de Madrid afecta a 10 municipios, incluído a capital, e avisar de que “ninguén entende” que a comunidade votase en contra.

Galicia conxuga os datos de ata 10 parámetros cos seus correspondentes indicadores, que se teñen en conta para a toma de decisións e de medidas restritivas nos diferentes municipios, explicou. Esta liña de traballo segue, ademais, “os mesmos criterios” tanto para municipios pequenos como para os grandes núcleos de poboación, incluídos aqueles de máis de 100.000 habitantes.

Sanidade censura que o Ministerio deixa de lado indicadores como a vulnerabilidade, a porcentaxe de positivos sobre cuarentenados, a presión hospitalaria ou a situación das urxencias. É por iso, que Comesaña advertiu que obviar estes criterios non permitiría dar continuidade ao traballo desenvolvido desde o inicio da pandemia en Galicia.

Finalmente, e a pesar de rompelo, apelou a “recuperar o consenso” do Consello Interterritorial de Saúde e “sumar esforzos” para configuar un documento “válido” para o conxunto das comunidades. 

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...