InicioSociedadeO pleno de Tomiño debaterá un proxecto de mobilidade transfronteiriza para compartir...

O pleno de Tomiño debaterá un proxecto de mobilidade transfronteiriza para compartir bicicletas eléctricas

O proxecto contará coa instalación dunha estación de aparcadoiro virtual en Tomiño e Cerveira e un total de entre 10 e 15 bicis eléctricas con GPS incorporado, que se poderán usar de forma compartida para circular exclusivamente no territorio da Eurocidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño celebrará este xoves, día 24, un pleno ordinario no que, entre outros temas, debaterase a aprobación dun proxecto piloto de mobilidade transfronteiriza no que as bicicletas eléctricas serán as protagonistas.

Deste xeito, a través dun protocolo de colaboración, o Agrupamento de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) quere implantar un sistema para compartir bicicletas eléctricas para fomentar a mobilidade sustentable entre os concellos da ‘raia’.

O proxecto contará coa instalación dunha estación de aparcadoiro virtual en Tomiño e Cerveira e un total de entre 10 e 15 bicis eléctricas con GPS incorporado, que se poderán usar de forma compartida para circular exclusivamente no territorio da Eurocidade. Esta iniciativa leva a cabo ao amparo do proxecto Smart Minho, cofinanciado polo programa INTERREG VAI. O Concello investirá nesta iniciativa piloto un total de 7.500 euros.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...