InicioDeportesConcello e Deputación inauguran o pavillón de Romil, unha "demanda histórica" da...

Concello e Deputación inauguran o pavillón de Romil, unha “demanda histórica” da cidade

O novo pavillón, de 2.600 metros cadrados, permitirá a práctica de numerosas disciplinas deportivas e, ademais, tamén dará servizo ao colexio Doutor Fleming.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inauguraron este luns o novo pavillón de Romil na cidade olívica, unha dotación na que ambas as administracións investiron uns dous millóns de euros, e que dá resposta a unha “demanda histórica” dos veciños.

Así, o rexedor puxo en valor o cambio que este pavillón supón na zona, antes “escura e abrupta”, e lembrou que os veciños levan “20 anos esperando” unha solución.

O novo pavillón, de 2.600 metros cadrados, permitirá a práctica de numerosas disciplinas deportivas e, ademais, tamén dará servizo ao colexio Doutor Fleming. “Levamos inaugurados 3 pavillóns en 10 días, isto en ningunha cidade de Europa”, presumiu o alcalde, quen lembraron que quedan pendentes de inaugurar outras dotacións deportavas, como o pavillón de Quirós e o de Matamá.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrouse “encantada” de participar no financiamento deste tipo de equipamentos, que fan que Vigo sexa “un modelo”.

Silva tamén fixo fincapé na transformación deste espazo, antes ocupado por unha obra inacabada que “danaba moito a imaxe desa contorna tan especial de Vigo”. Agora, no seu lugar hai unha instalación deportiva “chea de luz, fermosa, que mellora a calidade de vida dos veciños”.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...