InicioSociedadeTui acolle un punto de de información, orientación e prospección dirixido a...

Tui acolle un punto de de información, orientación e prospección dirixido a persoas con discapacidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, conta cun punto de información, orientación e p​rospección dirixido a persoas con discapacidade. Este servizo está recollido no convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga.

O acto, desenvolvido na casa do concello, contou coa presenza da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, o presidente de VONTADE, Miguel Pazo, entre outros.

Grazas á sinatura deste convenio o servizo préstase en instalacións municipais, continuando o labor que COGAMI realizou ao longo dos últimos anos no Centro Sociomunitario de Tui. En concreto trátase do Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) que atende previa cita no teléfono 986 28 18 93 ou no correo silvigo@cogami.gal.

Previa a sinatura do convenio o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu a COGAMI o seu labor recoñecendo que “sodes os que suplides un labor que debería ser prestado polo conxunto das administracións públicas”. Indicou que “nós estaremos sempre abertos a COGAMI, a VONTADE, e ás asociación que o precisen para establecer calquera tipo de colaboración necesaria e polo tanto asumir tamén o grao de responsabilidade que nos compete coma administración”.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...