InicioSociedadeA UVigo premiará proxectos relacionados coa Axenda 2030

A UVigo premiará proxectos relacionados coa Axenda 2030

A contía máxima do premio será o importe de custo por servizos académicos dos estudos de grao, máster ou doutoramento da UVigo nos que o gañador se matricule para o curso 2020-2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) premiará os mellores traballos de final de grao e máster do curso 2019-2020 con temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación para o desenvolvemento e a responsabilidade social.

Segundo trasladou a universidade, entregaranse seis galardóns, un por cada área de especialización, aos que só poderán optar os estudantes que superasen estes traballos cunha cualificación de polo menos un 8,5. O prazo de presentación de solicitudes, que se deberán realizar de modo telemático, finalizará o vindeiro luns.

A contía máxima do premio será o importe de custo por servizos académicos dos estudos de grao, máster ou doutoramento da UVigo nos que o gañador se matricule para o curso 2020-2021. Así mesmo, os premiados recibirán un diploma.

A comisión de valoración das propostas analizará a relación da súa temática coa Axenda 2030, a responsabilidade social e a cooperación e o seu plan de traballo. Tamén revisará a integración de contidos pluridisciplinares nos proxectos e o seu grao de aplicabilidade.

ACTOS DE BENVIDA

Noutra orde de cousas, a universidade comezou este luns a realizar os actos de benvida para os seus estudantes, que se desrrollarán ata o vindeiro mércores.

As sesións leváronse cabo nalgúns casos de modo presencial, o que permitiu a entrega de máscaras co logo corporativo aos estudantes, e, na maior parte dos centros, de modo virtual.

As facultades de Fisioterapia e Belas Artes e a Escola de Enfermaría, en Pontevedra; a Escola de Enxeñaría Industrial do campus de Vigo e a Facultade de Dereito de Ourense foron os primeiros centros en recibir aos seus alumnos de primeiro curso, no último caso, de modo virtual.

En concreto, presentáronse as titulacións da universidade e os seus servizos aos estudantes, ademais dos plans de prevención dos centros e as medidas que deberán adoptar este curso.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...