InicioSociedadeDesaloxan un restaurante con máis de 200 persoas sen máscaras e unha...

Desaloxan un restaurante con máis de 200 persoas sen máscaras e unha quedada cun cento de vehículos en Vigo

A Policía Local tivo que actuar en diferentes puntos da cidade polas queixas de cidadáns debido a festas e aglomeracións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tivo que actuar en diferentes puntos da cidade durante esta madrugada polas queixas de cidadáns debido a festas e aglomeracións, que incumprían os protocolos e medidas sanitarias pola COVID-19.

En total, segundo trasladan fontes policiais, atenderon polo menos 10 requirimentos por festas en pisos, que se disolveron sen incidentes.

Un dos casos máis rechamantes foi o dun evento de inauguración no restaurante Candeán, que chegou a xuntar máis de 200 persoas sen máscara e sen gardar as distancias de seguridade.

Doutra banda, sobre as 00,30 horas, a Policía Local detectou unha quedada cun cento de vehículos e preto de 33 persoas no parque forestal de Beade, que terminou por disolverse.

Segundo engaden as mesmas fontes, cada vez son máis habituais as denuncias de particulares por congregaciones de mozos e vehículos nas zonas rurais, e ruídos por freadas e coches a velocidade inadecuada.

ÚLTIMAS

Detido un home en Vigo tras prenderlle lume á súa exparella

A Policía Nacional detivo a un home en Vigo tras asperxer á súa exparella...

Comeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as expropiacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

O presidente dos comuneiros de Cabral afronta un ano e tres meses por unha obra ilegal

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo acollerá a próxima semana un xuízo...

A Valedora volve pedir ao Concello de Vigo información sobre o accidente mortal das festas de Matamá

A Valedora do Pobo enviou esta semana ao Concello de Vigo un segundo requirimiento para...