InicioSociedadeA área de Vigo segue sen rexistrar grandes focos de coronavirus

A área de Vigo segue sen rexistrar grandes focos de coronavirus

Ascenden a dous o número de casos activos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou 161 novos positivos por coronavirus o luns, unha cifra que supón baixar da barreira dos 200 despois de sete días consecutivos de caída. Ademais, o total de casos activos descenderon en 13, ata os 4.230, de acordo cos datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade. Isto sen contar os datos actualizados a primeiras horas deste luns pola Consellería de Política Social que apunta a un contaxio masivo na DomusVi de Outeiro de Rei con case un cento de positivos.

O último parte, elaborado con información recollida a última hora do luns, recolle que se curaron da COVID-19 en Galicia un total de 13.965 persoas, que son 173 máis que as que constaban un día antes. Deles, a área de Vigo rexistra dous casos activos máis, tras as curacións e os novos casos rexistrados.

Por áreas sanitarias, a da Coruña mantense como a que rexistra o maior número de casos activos, con 1.413 (11 menos). Tamén baixan as persoas que padecen a enfermidade nas áreas sanitarias de Lugo, que contabiliza 801 casos activos (15 menos) –sempre sen ter en conta o novo gromo da residencia de Outeiro de Rei–, e na de Santiago, con 662 (baixan en 26).

No lado contrario, o resto de áreas continúan á alza. A que máis sobe nos casos activos é Pontevedra, ata os 371 (+28); seguida de Ferrol, que contabiliza 170 infectados (+11); Ourense, con 467 (+8); e Vigo, con 346 casos (+2).

O número de mortos que deixa a pandemia en Galicia é de 663, un máis que as vítimas que figuraban na actualización anterior, tras notificarse este martes o falecemento dunha muller de 80 anos con patoloxías previas na residencia Orpea Coruña, en Culleredo (A Coruña).

Os datos facilitados este martes pola Xunta sinalan que ata o momento realizáronse un total de 369.998 probas PCR na Comunidade, 2.658 máis que no parte do luns.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...