InicioSociedadeFrancia pecha 22 escolas en 100 colexios logo de tres días da...

Francia pecha 22 escolas en 100 colexios logo de tres días da ‘volta ao cole’

PUBLICADO O

- Advertisement -

Polo menos 22 escolas e un centenar de clases tiveron que pechar ata este venres, tan só tres días despois da ‘volta ao cole’ en Francia, debido á detección de casos de COVID-19, segundo desvelou o ministro de Educación, Jean-Michel Blanquer.

“Na metrópole hai doce centros pechados hoxe, na Reunión hai dez. En total, son 22”, indicou o ministro nunha entrevista a Europe 1, precisando que tamén hai “un centenar” de clases pechadas. Blanquer considerou que o dato é baixo tendo en cuonta que en Francia hai en total 60.000 centros educativos.

Segundo o ministro, “cada día actívanse 250 protocolos por casos sospeitosos”. Cando isto ocorre, o alumno ou o profesor “é illado inmediatamente” e pídeselle que queden na casa. A continuación, procédese a localizar os contactos e realízanse test, precisou.

“Máis de tres casos de COVID-19 desencadean xeralmente o peche da estrutura” aínda que “cada caso é particular”, incidiu Blanquer, que aclarou que a continuación propoñen de xeito inmediato o ensino a distancia.

Francia superou o xoves o limiar dos 300.000 casos de COVID-19, despois de rexistrar nas últimas 24 horas un nivel de contagios superior aos 7.100. Ademais, as autoridades francesas tamén rexistraron 21 falecidos máis, o que sitúa o total de vítimas mortais en 30.706 desde o inicio da pandemia. O Goberno impuxo como obrigatorio o uso de máscara para alumnos maiores de 11 anos e o persoal docente.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...